Cangas móvese pola ELA - 14 de xullo

Eventos Asociación

Cangas do Morrazo móvese pola ELA

Un ano máis, Cangas do Morrazo prepárase para acoller un evento solidario que busca concienciar sobre a ELA e recadar fondos para apoiar ás persoas con ELA da nosa comunidade. Baixo o lema “Cangas do Morrazo móvese pola ELA”, o próximo 14 de xullo invítase á comunidade a participar nunha xornada chea de actividade física e solidariedade. 

  • Circuitos:
    • 10.15h Camiñada (4,2 km). Casa da Cultura - Volta Gasolineira - Punta de Rodeira e Casa da Cultura
    • 10.15h Carreira (8,8 km). Casa da Cultura - Aremilla - Punta de Rodeira e Casa da Cultura
    • 12.00h Natación (500 m). Saida: Rampa do Ojea - Meta: Casa da Cultura
  • Prezo: 5€
  • Inscricións: No propio lugar de saída ou mediante formulario online

 

Esta acción é moito máis ca un evento deportivo. É unha oportunidade para unirse como comunidade e apoiar ás persoas que conviven coa ELA. Ademais de promover a actividade física e a empatía cara a aqueles que enfrontan desafíos diarios a causa desta enfermidade.

Os asistenten poderán gozar da contorna natural de Cangas, ademáis da emoción e sorteos entre os inscritos, anímate e non te perdas este evento solidario, agardámoste!

Colaboradores

Termavi