Cangas do Morrazo volverá ser escenario de solidariedade, deporte e compromiso social co regreso de “Cangas Móvese pola ELA”, que este ano celebra a súa décima edición. Un evento xa emblemático nesta vila, que une cada verán a centos de persoas nunha mesma causa: dar visibilidade á ELA e apoiar ás persoas que a padecen.
Un domingo para moverse con corazón
A cita será o domingo 13 de xullo a partir das 10:00h, cun punto de encontro moi especial: a Casa da Cultura de Cangas, onde comezarán as diferentes probas deportivas abertas a todas as idades e niveis: carreira, andaina e natación. Trátase dun evento pensado para que todas e todos poidan participar, nun ambiente de unión, apoio e esperanza.
Sorteos e premios ao rematar
Ao final das probas, haberá sorteos solidarios con premios especiais, grazas á colaboración de empresas e comercios locais que, ano tras ano, apoian esta causa cunha xenerosidade admirable.
Inscricións abertas
As inscricións poden realizarse:
En liña ata o venres 11 de xullo nos seguintes enlaces:
Ou pesencialmente o propio día 13 na Casa da Cultura, antes do comezo das actividades.
E para todos aqueles que non poidan asistir pero queren colaborar connosco, poden facer a súa doazón solidaria a través da FILA 0.
Dez anos loitando xuntos
Esta 10ª edición é moito máis que unha cifra. É a mostra de que Cangas non falla cando se trata de solidariedade. Son dez anos movendo conciencias, visibilizando a Esclerose Lateral Amiotrófica e recadando fondos para apoiar ás persoas afectadas e as súas familias.
Móvete pola ELA
Animámoste a participar, a compartir, a vir coa túa familia ou amizades. Porque cada paso conta. Cada xesto importa. E porque ninguén debería loitar só/a contra a ELA.
Este 13 de xullo... móvete pola ELA, pola vida, pola forza de quen loita cada día.





























