Lamentamos moito ter que comunicarvos que debido á situación sanitaria que estamos a vivir, desde a Asociación AGAELA e xunto co Club de Natación Liceo, decidimos non levar a cabo esta edición da nosa, xa tradicional, Travesía Solidaria pola ELA - Memorial Fran Otero.
Aproveitamos tamén para agradecer que sigades ahí, ano tras ano, colaborando coa Asociación e, este ano en particular, interesándovos pola realización da Travesía Solidaria pola ELA.
Esperamos que todos vos, e os vosos seres queridos, vos atopedes ben e que no 2022 poidamos reencontrarnos para retomar esta actividade tan significativa para AGAELA.
¡¡ Vémonos na X Travesía Solidaria pola ELA 2022 !!
? G R A C I A S ?