A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, porá en marcha un ano máis, a campaña anual de vacinación antigripal de xeito conxunto coa vacinación fronte a COVID-19. A vacinación comenzará o día 23 de setembro e rematará o vindeiro 31 de decembro e, coma na campaña anterior, o inicio será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco.
Pide cita na app do Sergas ou no teu centro de saúde. Vacinándote fronte á gripe e á COVID protéxeste ti, os teus amigos, e a túa familia.