Bono Taxi

Artigos

¡Boas novas para a comunidade! Volve o Bono Taxi

Na nosa loita constante por mellorar a calidade de vida das persoas afectas pola ELA, comprácenos comunicar que os Concellos de A Coruña e Vigo veñen de publicar as axudas económicas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade.


Esta prestación busca facilitar o desprazamento de aquelas persoas que teñan unha discapacidade que afecta gravemente á súa mobilidade, garantizando así que poidan acceder a un medio de transporte alternativo ao transporte público colectivo. 


En AgaELA, sabemos que a mobilidade é esencial para a autonomía e o benestar das persoas afectadas de ELA e esta iniciativa é un paso importante hacia a súa accesibilidade. 


¿Quénes poden solicitar o bono?

Poderán acceder a esta prestación aquelas persoas con diversidade funcional que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolle a utilización do transporte público colectivo. 


Ademais, as persoas beneficiarias, deberán cumplir os seguintes requisitos:

No Concello de Vigo: 

  • Estar empradoadas no municipio de Vigo cunha antigüidade mínima de 6 meses anterior á solicitude.
  • Ter 4 anos de idade. 
  • Ter recoñecida a condición legal de discapacidade.
  • Non constar como titular de vehículo automóbil propio.
  • Non dispor duns ingresos per cápita netos superiores a 2,5 do IPREM vixente (2024: IPREM = 600€/mes).

No Concello de A Coruña: 

  • Ser maior de 3 anos.
  • Residir no término municipal do Concello de A Coruña e constar como empadroada no mesmo. 
  • Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade. 
  • Non ter recoñecido este beneficio por calquer título acreditativo no caso de encontrarse en activo. 
  • Non constar como titular de vehículo.
  • Non dispoñer dunha capacidade económica superior ó 210% do IPREM vixente.
  • Estar ó corrente das súas obrigacións fiscais.


¿Como solicitar o Bono Taxi?


As persoas interesadas poden realizar a súa solicitude de forma telemática a través da sede electrónica dos respectivos Concellos ou de forma presencials nos Rexistros Xerais Municipais. 


Concello de Vigo: 

A solicitude poderá presentarse de forma presencial no Rexistro Xeral Municipal (Praza do Rei,1) ou de forma telemática no Portal de Transparencia e Bo Goberno,  ata o 31 de decembro do 2025.

Concello de A Coruña: 


A solicitude poderá presentarse de forma telemática na sede electrónica do Concello da Coruña ou de forma presencial no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de A Coruña (Plaza María Pita S/N) ata o vindeiro 17 de xaneiro de 2025.

Se tes dúbidas sobre o proceso de solicitude ou necesitas máis información, non dubides en poñerte en contacto connosco a través do seguinte formulario ou no teléfono +34 660 532 298.

Estamos aquí para axudarche e apoiarche en todo o que precises.

Colaboradores

Termavi