Axudas económicas para persoas con ELA 2025 | Xunta de Galicia

Artigos

Hoxe, luns 14 de xullo de 2025, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas económicas dirixidas a persoas con esclerose lateral amiotrófica (ELA) ou os seus fenotipos, cunha contía de 12.000 euros ao ano por persoa beneficiaria.

Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo apoiar as necesidades derivadas da evolución desta enfermidade neurodexenerativa, así como reforzar os recursos de apoio existentes.

Quen pode solicitar a axuda?


Poderán beneficiarse persoas maiores de 18 anos que:

  • Estean empadroadas en Galicia con, polo menos, 6 meses de antigüidade.
  • Teñan diagnóstico de ELA ou dos seus fenotipos.
  • Teñan recoñecida a situación de dependencia ou a teñan solicitada previamente.

Que gastos se subvencionan?


A axuda abrangue:

  • Produtos de apoio (mobilidade, aseo, comunicación, lecer, etc.).
  • Adaptacións na vivenda ou contorna.
  • Adquisición ou adaptación de vehículo.
  • Servizos profesionais privados (fisioterapia, logopedia, asistencia persoal…).
  • Transporte para acceder a eses servizos.

Importe da axuda:


Ata o 100 % do custo dos gastos subvencionables, cun límite máximo de 12.000 € por persoa.

Prazo de solicitude:


Desde o 15 de xullo de 2025 ata o 3 de novembro de 2025.

Como presentar a solicitude?

Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal


Opcionalmente, tamén se pode presentar de maneira presencial.

 

Dende AgaELA celebramos esta medida, que supón un importante apoio ás persoas con ELA e ás súas familias. Podes consultar a orde completa e todos os detalles no DOG de hoxe ou contactar coa nosa asociación para máis información e apoio no proceso de solicitude (info@agaela.es | 660 53 22 98)

Colaboradores