O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor o convenio asinado entre Adela España e AGAELA para mellorar a atención aos afectados de ELA da comunidade Galega. Por medio de este convenio, todos os socios de AGAELA pasan a ser tamén socios de Adela. Será a nosa entidade a que asuma a diferenza de coste nas cuotas para facilitar ao máximo o acceso a servizos que son imprescindibles e melloran a calidade de vida dos pacientes da ELA. Grazas a este acordo, os afectados de ELA só terán que aboar o 24% do importe final de servizos como a fisioterapia (2 sesións semanais), logopedia (1 sesión semanal), psicoloxía (1 sesión quincenal) ou coidadores (ata 10 horas semanais). Todos os novos socios que teñan cursado a súa alta neste 2017 serán dados de alta en Adela de xeito automático. Para todos aqueles socios que conten cunha maior antigüidade, podese solicitar a alta enviando un correo a info@agaela.es
Acordo de colaboración con Adela
03 Mai 2017