Programa de información, apoio e asesoramento a persoas con ELA de Pontevedra 2024

Asociación

A Deputación de Pontevedra, por medio da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2024, permítenos proporcionar o servizo de: Información, apoio e asesoramento a persoas ELA, coidadoras e familiares, da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica, ofrecendo un servizo de información, apoio e asesoramento ás persoas usuarias, aos seus coidadores e familiares.

Para iso, establecéronse os seguintes obxectivos específicos:

  • Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos públicos/privados dispoñibles.
  • Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa.
  • Diminuír a sobrecarga do coidador principal.
  • Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade.
  • Garantir a continuidade e seguimento do programa cos adecuados criterios de calidade.

As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto foron as seguintes:

  • Valoración inicial de necesidades dos usuarios.
  • Orientación sobre o proceso da ELA.
  • Asesoramento sobre trámites sociais.
  • Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio.
  • Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar.
  • Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación.
  • Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias.
  • Apoio psico-emocional e escoita activa para fomentar a descarga do coidador.
  • Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades.

A Deputación de Pontevedra concedeu á Asociación Agaela a cantidade de 4.753,18 € para financiar parte do programa de información, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA de Pontevedra, cubrindo un total de 25 horas de dedicación ao servizo.

Colaboradores

Termavi