Axudas dirixidas a persoas con ELA | Convocatoria 2024

Artigos

Xunta de Galicia subvencionará con 12.000€ ao ano para as persoas con ELA para que poidan facer fronte aos diferentes gastos asociados a esta enfermidade. Esta axuda será compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade.

Importante:  As persoas con ELA deberán gardar as facturas correspondentes aos gastos desde o 1 de xaneiro de 2024, debendo figurar ao nome da persoa con ELA, tanto a factura como o xustificante de pago. Cubrirá os gastos con efecto retroactivo a 1 de xaneiro do 2024 e poderase solicitar aquí.

 

Prazo de presentación

  • ABERTO ata o 15/11/2024 23:59h

Requisitos

  • Ter máis de 18 anos
  • Estar diagnosticado de ELA ou calquera dos seus fenotipos
  • Ter recoñecida ou solicitada a situación de dependencia ou ter solicitado con anterioridade á presentación da solicitude
  • Estar empadroado en Galicia cunha antigüedade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria

 

Gastos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes gastos, no caso de non estar cubertos polo Sistema Público de Saúde ou mutualidade correspondente: 

Adquisición de produtos de apoio para:

  • Tratamento médico personalizado: Equipos de inhalación, humificadores, tensiómetros, pulsiómetros, dosificadores dispensadores, trituradores de medicamentos,coxíns antiescaras, de aire, órteses.
  • Adestramento e aprendizaxe de capacidades: Como exercitadores de pernas e brazos, pedaliers activos ou pasivos, exercitadores de dedos, exercitadores respiratorios/incentivadores.
  • Mobilidade persoal: Inclúe produtos de apoio para camiñar, transferir, xirar e elevar como andadores, bastóns, táboas de transferencias, bipedestadores, grúas, sofás elevadores entre outros.
  • Aseo, coidado e protección persoal: Como abotoadores, tiradores para cremalleiras, calzadores. Cremas para o tratamento de úlceras por presión, cremas para o tratamento, mellora de afeccións derivadas do uso de absorbentes, esponxas xabonosas, empapadores, soportes para o baño como alzas, cepillos eléctricos, ponchos exteriores...
  • Actividades domésticas: Vaixela e cubertos adaptados, produtos para a preparación de alimentos como balanzas de voz, produtos de apoio para a limpeza como aspiradores automáticos...
  • Mobiliario e adaptacións para vivendas: Produtos que permiten acadar un maior grao de comodidade, funcionalidade, facilidades de desprazamento e realización de actividades dentro da vivenda.
  • Comunicación e información: Como dispositivos de alarma de emerxencia persoal, os sistemas de control e localización...
  • Manipulación de obxectos e dispositivos: Soportes para pulsadores, joystick para teclados númericos.
  • Lecer e recreación: Cadeiras anfibias, grúas de piscina, triciclos asistidos, pasa páxinas ...

 

  • Adaptación funcional do fogar e o seu entorno

Modificacións ou adecuación dos espazos, instalacións e equipamentos que rodean á persoa co obxectivo de facilitar ou habilitar a realización das actividades da vida diaria no fogar: asearse, cociñar, camiñar, etc.) de maneira máis segura, sinxela e independente. Inclúese adaptación do interior da vivenda, dos accesos á mesma e das zonas de uso comunitario no caso de habelas.

  • Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo
  • Servizos asistenciais complementarios ás prestación da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:
    • Fisioterapia manual
    • Fisioterapia respiratoria
    • Terapia Ocupacional
    • Logopedia
      Psicoloxía
    • Neurorrehabilitación
    • Asistencia persoal/coidador profesional / servizo de axuda no fogar/ servizo de atención diúrna, servizo de atención residencial sempre que sexan de carácter privado.
  • Transporte para a asistencia a tratamentos e centros asistenciais

 

Gastos non subvencionables

  • Obras da vivenda meramente estéticas.
  • Produtos de apoio incluídos no catálogo xeral ortoprotésico da consellería competente en materia de saúde pública.
  • Gastos pagados por terceiras persoas.
  • Os medicamentos, os gastos de farmacia e  parafarmacia que non fosen considerados produtos de apoio no atigo 5.1 desta orde.
  • Axuda para transporte no caso que a persoa solicitante sexa usuaria dunha praza de atención residencial ou dun centro de atención diúrna e xa conte cun servizo de transporte subvencionado.

 

DOG completo

Colaboradores

Termavi