Crónica da XI Travesía solidaria pola ELA

Eventos Asociación

O día 7 de xaneiro celebrouse a XI Travesía Solidaria pola ELA, dando fin a unha xornada chea de emoción e solidariedade. Máis de 170 nadadores sumáronse ao nado solidario, unha vez máis, demostrando o seu compromiso coa causa e contribuíndo á concienciación sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica.

Os dous circuítos, de 400 e 1000 metros, comezaron ás 11.00 e ás 12.00 horas respectivamente, estiveron marcados polo deporte e diversión nas frías augas do mar da Coruña.

 

 

A recadación ascendiu a 5.449,8€, que contribuirán a manter os servizos que na actualidade proporciona a Asociación Galega de Esclerose Lataral Amiotrófica en prol da calidade de vida das familias que padecen esta enfermidade.

 

Gañadores da XI Travesía Solidaria pola ELA

1000 metros Masculinos

1º Posto: Xoel Cubeiro Rosende.

2º Posto: Manuel Bao Purriños.

3º Posto: Álvaro Gómez Cardesín.

 

1000 metros Femeninos

1º Posto: Ana Veiga Souto.

2º Posto: Nerea Alvite Bergara.

3º Posto: María González Rodríguez.


400 metros Masculinos

1º Posto: David Castro Villar.

2º Posto: Pablo Marcos Pazos.

3º Posto: Gerardo Collazo.


400 metros Femeninos

1º Posto: Iria Fernández Fernández.

2º Posto: Claudia Otero Domínguez.

3º Posto: Gloria Oreiro Pazos.

 

Esta xa é unha cita ineludible a principios de ano e unha travesía que se enmarca dentro do calendario de augas abertas como a primeira proba do ano en Galicia.

Aquí vos deixamos o álbum de imaxes da nosa proba solidaria, realizadas por fotógrafos profesionais, voluntarios e compañeiros da asociación.

 

Álbum de Fotos XI Travesía Solidaria pola ELA

 

Colaboradores

Termavi