Axudas para persoas con ELA 2024 | Xunta de Galicia

Artigos

Xunta de Galicia

Axupas para persoas con ELA 2024

Xunta de Galicia subvencionará con 12.000 euros ao ano para as persoas con ELA para que poidan facer fronte aos diferentes gastos asociados a esta enfermidade. Esta axuda será compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade.

Importante: As persoas con ELA deberán gardar as facturas correspondentes aos gastos desde o 1 de xaneiro de 2024, debendo figurar ao nome da persoa con ELA, tanto a factura como o xustificante de pago. Cubrirá os gastos con efecto retroactivo a 1 de xaneiro do 2024 e poderase solicitar aquí.

 

Convocatoria 2024

 

Prazo de presentación

  • ABERTO ata o 15/11/2024 23:59h

Requisitos

  • Estar diagnosticado de ELA ou calquera dos seus fenotipos
  • Ter recoñecida ou solicitada a situación de dependencia ou ter solicitado con anterioridade á presentación da solicitude
  • Estar empadronado en Galicia antigüedade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria
  • Ter máis de 18 anos

Gastos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes gastos, no caso de non estar cubertos polo Sistema Público de Saúde ou mutualidade correspondente:

Adquisición de produtos de apoio para:

  • Tratamento médico personalizado: Equipos de inhalación, humificadores, tensiómetros, pulsiómetros, dosificadores dispensadores, trituradores de medicamentos,coxíns antiescaras, de aire, órteses.
  • Adestramento e aprendizaxe de capacidades: Como exercitadores de pernas e brazos, pedaliers activos ou pasivos, exercitadores de dedos, exercitadores respiratorios/incentivadores.
  • Mobilidade persoal: Inclúe produtos de apoio para camiñar, transferir, xirar e elevar como andadores, bastóns, táboas de transferencias, bipedestadores, grúas, sofás elevadores entre outros.
  • Aseo, coidado e protección persoal: Como abotoadores, tiradores para cremalleiras, calzadores. Cremas para o tratamento de úlceras por presión, cremas para o tratamento, mellora de afeccións derivadas do uso de absorbentes, esponxas xabonosas, empapadores, soportes para o baño como alzas, cepillos eléctricos, ponchos exteriores...
  • Actividades domésticas: Vaixela e cubertos adaptados, produtos para a preparación de alimentos como balanzas de voz, produtos de apoio para a limpeza como aspiradores automáticos...
  • Mobiliario e adaptacións para vivendas: Produtos que permiten acadar un maior grao de comodidade, funcionalidade, facilidades de desprazamento e realización de actividades dentro da vivenda.
  • Comunicación e información: Como dispositivos de alarma de emerxencia persoal, os sistemas de control e localización...
  • Manipulación de obxectos e dispositivos: Soportes para pulsadores, joystick para teclados númericos.
  • Lecer e recreación: Cadeiras anfibias, grúas de piscina, triciclos asistidos, pasa páxinas ...

 

  • Adaptación funcional do fogar e o seu entorno

Modificacións ou adecuación dos espazos, instalacións e equipamentos que rodean á persoa co obxectivo de facilitar ou habilitar a realización das actividades da vida diaria no fogar: asearse, cociñar, camiñar, etc.) de maneira máis segura, sinxela e independente. Inclúese adaptación do interior da vivenda, dos accesos á mesma e das zonas de uso comunitario no caso de habelas.

  • Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo
  • Servizos asistenciais complementarios ás prestación da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:
    • Fisioterapia manual
    • Fisioterapia respiratoria
    • Terapia Ocupacional
    • Logopedia
    • Psicoloxía
    • Neurorrehabilitación
    • Asistencia persoal / coidador profesional / servizo de axuda no fogar/ servizo de atención diúrna, servizo de atención residencial sempre que sexan de carácter privado.

Gastos non subvencionables

  • Obras da vivenda meramente estéticas.
  • Produtos de apoio incluídos no catálogo xeral ortoprotésico da consellería competente en materia de saúde pública.
  • Gastos pagados por terceiras persoas.
  • Os medicamentos, os gastos de farmacia e parafarmacia que non fosen considerados produtos de apoio no atigo 5.1 desta orde.
  • Axuda para transporte no caso que a persoa solicitante sexa usuaria dunha praza de atención residencial ou dun centro de atención diúrna e xa conte cun servizo de transporte subvencionado.

DOG Completo

Colaboradores

Termavi