A ELA

Preguntas frecuentes

A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta as células nerviosas encargadas do control muscular, debilitando os músculos progresivamente.

Os síntomas iniciais poden incluír debilidade muscular, espasmos, dificultade para falar ou tragar, e cambios na coordinación motora.

A esperanza de vida pode variar, pero en promedio, as persoas con ELA viven de 2 a 5 anos despois do diagnóstico. Con todo, algúns casos poden ter unha evolución máis lenta ou rápida.

O diagnóstico da ELA baséase na historia clínica, no exame neurolóxico, en probas de función muscular e no descarte doutras posibles causas dos síntomas.

Aínda non hai unha proba identificativa. Ao diagnóstico de ELA chégase por exclusión. Despois dunha exploración clínica exhaustiva onde se confirma que no é otra patoloxía (miositis, esclerose múltiple, etc.). A ELA é insidiosa porque aparecen cambios moi rápidos e todo o que se explora da negativo. Así que cando o neurólogo ten descartado todo o posible, só queda como última proba a confirmación a través dun electromiograma onde da como positivo que a conducción nerviosa non chega ata as extremidade

A causa exacta da ELA non se coñece, pero crese que é unha combinación de factores xenéticos e ambientais. Actualmente, non existe unha forma coñecida de previla.

Non existe unha cura para a ELA, pero hai tratamentos que poden axudar a controlar os síntomas, como medicamentos, tratamentos terapéuticos e dispositivos de axuda.

O manexo da ELA adoita implicar a colaboración de moitos especialistas, entre os que se atopan neurólogos, médicos rehabilitadores, pneumólogos, endocrinos.
Por outra banda, a nivel asistencial son importantes as figurs dos fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadores sociais e especialistas en coidados paliativos.

Algúns exemplos de adaptacións e produtos de apoio inclúen cadeiras de rodas, sistemas de comunicación alternativa e aumentativa, dispositivos de axuda para a alimentación ou equipos de apoio para o coidado diario, como poden ser grúas de traslado, cadeira de rodas para a ducha ou camas articuladas, entre outros.

A ELA pode afectar a capacidade de fala, pero existen alternativas de comunicación, como lectores oculares, aplicacións de texto a voz ou taboleiro de comunicación.

A ELA pode ter un impacto emocional significativo no paciente e na súa familia, incluíndo ansiedade, depresión e estrés. É importante buscar apoio emocional durante todo o proceso con especialistas no campo.

Colaboradores